Volvendo a vista atrás

Pois volvendo a vista atrás saltan as alarmas polo tempo que leva a web sen actualización, eso o primeiro. Pero non por vagueria, nen porque non houbera con qué actualizar, tampouco.  Simplemente o audiovisual ten estas cousas, e do mesmo xeito que hai que facer tempo para unhas cousas, noutras ocasións temos que achantar con excesos de estrés e carencias apremiantes de sono. Como nestes dous últimos meses, nos que mesmo deixamos de publicitar por aquí eventos os que cumpría ter asistido. Por sorte o éxito sobre as previsións fixo que non botaramos en falta a ninguén!

E mentras non subimos nada disto á nosa conta (no youtube hai material), diciamos no titulo o de voltar a vista atrás. Non por nostalxia,  simplemente por apetencia. En ocasións a mala sorte está aí, non se pode evitar, e hai que asumila. A mala sorte impediu que finalmente vira a luz a gravación deste concerto de Silvia Penide, pero sen dubida habera máis ocasions para repetir a experiencia e que esta vez todo saia ben. E apetece, sobre todo, atopar de novo a confianza para sacar adiante un tipo de producto diferente. Non a nivel mundiala, pero si autonómico (e case que estatal), pois a gravacións de concertos segue estando marcada por unhas pautas…, aburridas. Dende esta humilde productora temos máis interese por seguir na nosa liña e ficar observando atentamente o que fai xente como Vincent Moon e o resto de La Blogotheque, xa chegara o momento de retomar iso de facer as cousas doutro xeito…

Compartir

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies