Outra das cousas que se bota en falta nun verán tan terriblemente caluroso como este e o de traballar en interiores. Por algun motivo, en condicións como as actuais sempre toca facelo fora… Nese sentido faise reiterativo o de lembrar o proceso de realización destas catro pezas, pequenos spots para a promoción do certame Festival Mulleres arte+parte, desenvolvido pola Concellaria de Igualda e Paricipación Cidada do Concello da Coruña e IFECO Expocoruña. O vídeo que abre esta entrada foi pensado como anticipo cun certo caracter viral, e a continuación veñen os difundidos logo de que xa se fixera a presentación oficial.
Qué podo dicir… Traballar á sombra é moito máis grato…
4 Comments