Artes escénicas

O que sucede sobre un escenario de sempre foi un dos nosos intereses. Lonxe da cultura-espectáculo, fai máis de 20 anos comezamos a aplicar as narrativas audiovisuais á transmisión da sensibilidade artística.

“Concerto a Dúas Bandas”

Colaboración entre a Banda Municipal de Música da Coruña e a Banda Sinfónica do CSM da Coruña como colofón ás labores formativas do centro de estudos superior, servindo ademais de estrea para “Sinfonietta Nº1 «El Jardín de las Delicias»” de Samuel U. Rodríguez (TFE de composición) 

Life is a paripé

O trailer (e gravación íntegra para programacións) desta premiada obra é un exemplo de espectáculo pensado para pequeno formato, con presenza e contacto directo co público.

A Nona

Adaptación dun libreto xa clásico de Roberto Cossa, en Teatro do Morcego desenvolveron unha posta en escena vigorosa e chea de claroescuros, como o trasfondo da obra, máis próxima ao gran formato que require unha gravación máis afastada e clásica.

Ovay

Unha aposta do coreógrafo e bailarín Quique Peón mesturando danza, música e teatro nunha composición que xoga coa metáfora da viaxe e o reencontro ao compás dos ritmos de Xose Lóis Romero e Suso Vaamonde.

1ª Party

A coreógrafa e bailarina Cristina Montero ideou unha interpretación co público dentro: no propio escenario como marco, e rodeada de miradas que formarían parte dunha obra que transitaba dende o espírito lúdico do musical ó sobrecolledor e lynchiano nunha contorna íntima que había que respectar.

Peter Broderick

Broderick simultaneou durante anos os grandes e os pequenos escenarios. Nestes últimos era onde en realidade podía sentir á xente, mesmo tocando entre o público co seu formato minimalista apoiado en pedaleras e instrumentación clásica, o que á súa vez pedía un estilo de gravación íntimo e pouco intrusivo.