Creacións propias

O día a día deixa historias e sucesos que moitas veces quedan fora do noticiable, do destacable. Para nos son xeitos de non deixar que se perdan, pero tamén de aprender e experimentar.

Josman #dMudanza

Foi un dos principais videoclubs do país ate o seu peche no 2014. A historia de Julia e Manolo é tamén a dun periodo e un proceso cultural, un xeito de construir cidade e sociedade.

Alina Granados

En torno ao 2012, a pintora e Doutora en Historia da Arte Alina Granados desenvolveu a súa serie “Olas”. É neste contexto onde xurde a posibilidade de recoller un destes procesos, algo que, ademáis sucedería nunha sola sesión. Un privilexio, unha rareza: ser testemuñas dun proceso de creación.

El Semáforo

Fernando foi moitas cousas, entre elas ferroviario. Aprendendo o oficio, fai xa moitas décadas, ocupaba o seu tempo observando e aprendendo, ou facendo unha maqueta dun semáforo de trens ó que un día tivo que cambiarlle unha bombilla, un pequeno reto aos seus 80 anos.

Pasos na redacción da Historia #dMudanza

Logo de décadas, houbo un cambio de goberno no Concello da Coruña, o que posibilitou a contraposición de dúas liturxias: a chegada e a despedida.

Estes dous sucesos permitían un xogo peculiar a partir dunha montaxe en pantalla partida: dous momentos contrapostos en múltiples sentidos.

San Xoán #dMudanza

A noite de San Xoán é unha das máis especiais da Coruña, pero tamén cambiou co paso do tempo.

A partir dunha gravación de 2009 da celebración nas praias da cidade, esta peza propón unha reedición posterior máis próxima á fantasía dunha estética familiar e popular que deixou de existir ó converterse, para ben e para mal, nun artefacto turístico.